
| Inicio | As vilas | O Colexio | Actividades | O Rillote | PCPI | Administración | Suso de Marcos | Xogos | |||||||||
|
|||||||||||||||||
|
O anagrama foi deseñado polo escultor nado no noso concello e residente en Málaga SUSO DE MARCOS. A continuación o propio autor nolo describe: O anagrama é unha simboloxía do Maxisterio. Comeza co principal elemento en torno ó que se desenvolve a aprendizaxe intelectual como é o libro, o que, con un pouco de abstracción, lembra un pórtico nobre con columnas estriadas, dintel e remate de medio punto, que da entrada á casa do saber. A referencia á arquitectura é tamén facer referencia á xeometría, representada polo transportador de ángulos, que conforma no seu interior un ollo, que debe estar sempre aberto á percepción de tódolas canles de interese informativo, por iso recolle no seu iris un detalle dos medios informáticos, tan en auxe. |
|
||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||