Dispoñemos dunha sinxela estación meteorolóxica que está formada polos seguintes aparellos de medida:
-
Un termómetro, que permite tomar datos de temperatura actual, pero tamén de valores extremos durante un certo período de tempo.
-
Un anemómetro, que mide a velocidade do vento.
-
Un higrómetro, que mide valores de humidade relativa do aire.
-
Un pluviómetro, que recolle cantidades de chuvia caídas en diferentes períodos.
Dado que non é posible tomar datos diarios de tódalas magnitudes, rexistramos valores extremos (máximos e mínimos) de cada mes, anotando data e hora en que foron medidos. |