Preparámonos para unha nova edición da MOSTRA DE ENTROIDO.
A vindeira semana imos coñecer de preto o Entroido de Lobios e aos seus protagonistas, os FOLLATEIROS e FOLLATEIRAS.
A nosa profe Irene está hoxe de aniversario e celébrao con nós.
Cando fai anos está contenta por poder seguir na nosa escola traballando e véndonos medrar, aprender e desfrutar.
Feliz aniversario e moitos parabéns profe!!!
DOUS DE FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA.
Como preludio da primavera, os paxariños casan hoxe no día da Candeloria.
Nós puxemos fermosas teas de vodas para o seu enlace e démoslle os parabéns que a ocasión o merece.
Feliz día da Candeloria a todas e todos.
O día que se adica a celebrar a PAZ é tamén o día do aniversario de nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Esta é unha feliz coincidencia pois non se pode ser unha persoa máis de paz do que o foi el.
O seu espírito pacífico e cheo de compromiso coa xente de ben tivo que padecer moito cando unha GUERRA virou toda as súa vida alonxándoo da amada TERRA e segando o seu traballo político.
El, e moitas e moitos outros, padeceron os desastres dunha guerra que aínda ten testemuñas vivas e que non podemos esquecer.
TRABALLAMOS POLA PAZ SEMPRE
Estamos cerca do día que se adica á celebración da PAZ.
As oliveiras son as nobres plantas coas que na nosa tradición reclamamos este ben imprescindible para a convivencia.
Para aprendelo debuxámonos a carón dunha compañeira ou compañeiro cunha poliña de oliva na man.
Despois de facer os debuxiños, dentro da clase e no patio, temos que practicar a PAZ. Ás veces sáenos e outras non, pero seguímolo intentando.
FACEMOS A PAZ NA CONVIVENCIA DIARIA.
Un día de treboada
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.
Querido inverno, estamos aquí cos nosos gorriños, para non arrefriar a cachola e pasear no tempo frío no que ti es protagonista.
OS MIL BRANCOS DOS ESQUIMÓS
Ás veces para viaxar lonxe, o único que se necesita é un xesto. Coma neste caso, en que só hai que abrir esta pequena xoia e pasear polas súas páxinas. No interior agárdannos chairas inmensas, baleiras e brancas, polas que vagan os osos…