Iniciar sesión: Acceso

Recomendación lectora da semana

Recomendación lectora da semana

 

Neste conto que trata sobre o magosto, nenos e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas sobre a festa das castañas ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.

 

Biblioteca

Biblioteca

Esta familia de mouchos saben moitas historias. Eles serán os gardiáns dos libros da nosa biblioteca. Xunto a eles imos descubrir novas aventuras e persoaxes ao longo deste curso.

Queredes ler un conto?

O Outono

O Outono

O outono xa chegou,

as folliñas caen

e cambian de cor...

TEMPO DE RECOLLER

TEMPO DE RECOLLER

No outono apañamos castañas, noces e abelás. Collemos figos, mazás, marmelos, freixoas e as cabazas que non falten.

A nosa ansia recolectora vese calmada nesta estación, na que nos preparamos para o tempo escuro e frío do inverno.

Apañamos castañas

Apañamos castañas

A castaña no ourizo

Eu ben sei o que fai

Si está  verde madura

Si madura, cae...

Flores para Rosalía

Flores para Rosalía

Segundo día de cole

Segundo día de cole

Así somos nós.

Primeiro día

Primeiro día

Hoxe non quixo saír o sol, e a raiola que alumeou Raiola foi a nosa emoción. Ver de novo os amigos e as amigas, escoitar o primeiro conto deste curso, cantar as primeiras cancións, ris cas ocurrencias da profe, xogar cos xoguetes que nos esperaban dende xuño,... fixeron que o día non puidera ir mellor.

Foi fenomenal estar de volta na escola.

Feliz curso

Feliz curso

As pequenas e pequenos de Raiola levan días facendo da escola un fogar no que medrar. Son as nenas e nenos do 2º Ciclo os que dan comezo á aventura de compartir as aulas cos compañeiros e compañeiras para divertirse e aprender.

Confiamos ter un curso no que a saúde nos acompañe e no que desfrutar da ledicia de ter unha boa escoliña á que vir cada mañá.

Feliz curso 2021-2022.

A escola xa vos espera

A escola xa vos espera
Raiola esperta do seu pequeno sono estival e prepárase para un novo período educativo.
En poucas horas, como cada setembro durante case cincuenta anos, chegades as nenas e os nenos para compartir experiencias coas que medrar. Esperámosvos.
Feliz curso 2021/2022.
Distribuir contido