Co recordo do chocolate e dos churriños que papamos onte estamos na escola de troula.
Quereríamos que fose Nadal todo o ano para vivir a emoción que rodea estes días que teñen tanta ledicia e tanta música.
BO NADAL 2021.
Carmen Domech foi a encargada de amenizar coas súas historias o último día lectivo do 2021.
Moitos foron os contos que nos contou, e como sempre que nos visita, quedamos con ganas de máis.
Volverá e será sempre ben acollida en Raiola. Grazas Carmen.
BO NADAL 2021
O Apalpador e a nena sen medo
Celtia Figueiras Rama é escritora, titiriteira e contadora de historias. Comeza no 2007 a súa andadura no teatro profesional como dramaturga e actriz, na compañía de monicreques A Xanela do Maxín para, no 2015 comezar cos contos como un xeito de reivindicar a narración oral como unha parte indispensable da pedagoxía infantil.
O NADAL
Libro en formato acordeón con ilustracións do Nadal
Os nenos da casa poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas sobre a festa do Nadal ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.
O frío polar chegou a Raiola e deixou o chan cun manto de mesta neve.
Os nenos e nenas desfrutaron moito xogando coa neve, recolléndoa e lanzándoa ao aire.
Agardamos con impaciencia a próxima nevarada.
Neste Nadal do ano 2021, pensamos que sería divertido deseñar puchas novas para o noso máxico, o querido Apalpador.
Estas son algunhas das propostas que fixemos. Cada pucha está chea de amor, creatividade e traballo.
Esperamos que ao Apalpador lle gusten.
BO NADAL 2021.
Chegou o meu tempo.
Na clase das nenas e nenos maiores comparto un sitio de honra coa meiga Rosalía, a preciosa Mari Castaña e co xeneroso Espantallo Amigo.
Agora serei eu, coa miña pucha, o meu caxato e a bolsa onde recoller castañas quen ocupe o pensamento desta rapazada.
Eles e elas hanme de debuxar ben feituquiño mentres cantan as cantigas tradicionais do Nadal, as nosas panxoliñas.
BO NADAL 2021
Nestes seis anos dende a morte de Xosé Neira Vilas, a súa obra e o seu recordo seguen vivos en Raiola.
Cada outono, ESPANTALLO AMIGO revive nas nosas aulas, e del saen o tío Ramón, Penexo, Xirimía, o grilo e os merlos para axudarnos a medrar.
Na primavera, será o poemario O XARDÍN DE IRENE, o que nos fará desfrutar duns poemiñas escritos por Xosé para as nenas e os nenos de Galicia.
No futuro, outras das súas obras serán parte da nosa vida de intelixentes lectores e lectoras.
Todo o noso amor para ti, querido Xosé, e moitas grazas pola túa obra e polo teu exemplo de vida.