Iniciar sesión: Acceso

8 de marzo

8 de marzo

O lema da a nosa escola para traballar a igualdade neste marzo do 2020 di así, O FEMINISMO É IGUALDADE.

O movemento que reivindica a igualdade entre as persoas busca un mundo mellor e máis xusto, no que, como no di Paco Nogueiras, sexamos "iguais e distintos á vez".

Cada ser humano é irrepetible, pero en esencia é idéntico a todas e todos os demáis habitantes que poboan o planeta. Por iso, é perverso dividir a humanidade en doous grupos, homes e mulleres, e determinar a priori, xa antes do necemento, quen van nacer para ser mellores.

ENTROIDO DE BANDE

ENTROIDO DE BANDE

Préstannos as orellas e as filloas.

O caldo sábenos a gloria.

As mimosas xa recenden.

Apetécenos troula.

Todo nos di que o Entroido está a piques de chegar.

Este ano a localidade de Bande é a encargada, coa súa visita o día 14, de amosar unha vez máis o fascinantes que son os Entroidos tradicionais galegos.

Xa non queda nada para converternos en troteiros e en troteiras e desfrutar dunha xornada de leria que nos perdure na memoria.

pedímoslle a Lourenzo que sexa amigable e estea con nós este venres 14 á mañá.

Apertura de prazos de admisión para o vindeiro curso escolar

Apertura de prazos de admisión para o vindeiro curso escolar

Debido a situación creada polo coronavirus, todos os procesos de admisión de novo alumnado para o próximo curso escolar, QUEDAN SUSPENDIDOS ATA QUE SE REANUDE A ACTIVIDADE ESCOLAR.

O prazo de presentación de ditas solicitudes será modificado en función desta data.

O DOG publicado este xoves, 6 de febreiro, contén a orde que regula as bases que rexeran para o ano 2020 o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento de escolas infantís 0-3 anos para entidades coma o Xardín da Infancia Raiola.
ENTRE AS NOVIDADES DESTA CONVOCATORIA: prevé que a partir do 1 de abril bonificarase o 100% do prezo da atención educativa do segundo fillo/a e sucesivos da unidade familiar.

PAZ PARA A XENTE E PARA OS POBOS

PAZ PARA A XENTE E PARA OS POBOS

Para facer a PAZ non é necesario ser superheroe :

  • Fan a PAZ aquelas e aqueles que defenden os dereitos humanos.
  • Defenden a PAZ os que e as que loitan polos dereitos económicos, sociais, lingüísticos,... da xente e dos pobos.
  • Procuran a PAZ todas e todos os que se opoñen á inxustiza e á barbarie exercida contra as persoas e a Natureza.
  • Buscan a PAZ aquelas e aqueles que non se conforman e que non miran para outro lado cando a inxustiza non lles afecta ese día.

No noso cachiño de planeta contamos con moita boa xente de PAZ á que darlle as grazas. Hoxe imos destacar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, do que se cumpren 134 anos do seu nacemento.

GRAZAS DANIEL POLO TEU TRABALLO EN FAVOR DO NOSO POBO, DENUNCIANDO A POBREZA E INXUSTIZA EXTREMA NA QUE VIVÍA.

30 de xaneiro do 2020. Día da PAZ.

MALALA

MALALA

O xoves 30 de xaneiro imos celebrar o día da paz, pero hoxe, de forma anticipada, queremos renderlle unha homenaxe á activista MALALA YOUSAFZAI. Estes traballos dan fe do respecto que lle temos a esta moza que dende moi nova antepuxo a loita polos dereitos da infancia no seu país á súa propia vida.
Malala é un exemplo do que significa non mirar para outro lado ante os abusos do poder.
Grazas Malala.

Entroido 2020

Entroido 2020

Este curso a escola infantil Raiola vai participar na VII Edición da Mostra do Entroido, adicada este ano ao Entroido de Bande.

A máscara típica deste entroido son Os Troteiros. Visten de branco con sombreiros de palla engalanados con postais e espellos.

O venres 14 de Febreiro terá lugar o desfile. Vestirémonos cos traxes elaborados na escola e os sombreiros creados na casa para recibir á delegación do Entroido de Bande que nos visitará pola mañá en Raiola. Con eles baixaremos ata o colexio CEIP Lamas de Abade para facer o desfile de comparsas.

Animádevos a descubrir as peculiaridades do Entroido de Bande e a desfrutalo con nós.

 

O venres 21 de febreiro "recelebraremos" o Entroido.

Nesta 2ª ocasión, a elección dos disfraces será libre. Esperamos a chegada de princesas, superheroes, bruxas... para pasalo moi ben.

¡¡Por un bo entroido!!

Adeus sentido a Antón Gómez Vilasó

Adeus sentido a Antón Gómez Vilasó

Nas vacacións do Nadal chegounos a triste nova da morte de Don Antón Gómez Vilasó.
Antón foi o cura da parroquia do Castiñeiriño na década dos sesenta e parte dos anos setenta, e durante ese tempo participou na posta en marcha de valiosos proxectos para a parroquia.
Un deles foi a creación dunha escola infantil para que as nenas e nenos do barrio do Castiñeiriño tiveran acceso ás aulas dende a primeira infancia.
Esta iniciativa foi adiante coa colaboración de moita xente, sendo Antón un dos piares deste esforzo colectivo.
A escola bautizouse co nome de Xardín da Infancia Raiola e para ela deseñouse un ideario educativo que tiña o uso do galego como lingua vehicular do ensino, un feito pioneiro que segue a ser un dos nosos sinais de identidade.
Con Antón Gómez Vilasó foise fisicamente unha figura fundacional desta casa na que seguimos facendo escola, pero no espírito do noso traballo a boa e xenerosa persoa que el foi seguirá vivindo.
A Antón debémoslle moito e as persoas que o coñecemos sabemos que foi un home de paz que merece o noso emocionado recordo.

Festival 2019

Festival 2019

O día 20 de decembro foiche un día ben bonito.
Á mañá coa actuación en directo de Luís Prego desfrutamos intensamente compartindo a ledicia da música nacida dende o corazón para facer felices as nenas e nenos do noso país.
Á tarde, no FESTIVAL a música volveu soar. Ese foi un marabilloso momento no que alzamos as nosas voces para cumprir coa tradición de darlle un alegre recibimento ao neno Manuel.
Raiola ao cantar estas cantigas propias da tradición musical galega quere incluír nesta benvida a todas as nenas e nenos que veñen ao mundo cada día e teñen o dereito de ser recibidos amorosamente.
Ademais este Nadal, cantarlle a Rosalía e á súa estrela a nosa máis querida panxoliña, Buscando unha estrela, fixo aínda máis especial unha tarde que ha quedar no noso pensamento por moito tempo.
Co chocolate, os churros, o biscoito, as conversas, os risos e a troula démoslle feliz remate a un trimestre que acaba coas festas de Nadal esperándonos.
Raiola deséxavos Bo Nadal e Feliz Aninovo.

FELICES FESTAS

FELICES FESTAS

Grazas Luis e Samuel

Grazas Luis e Samuel

GRAZAS LUÍS E SAMUEL
A música en vivo é un gran regalo sempre. Luís e Samuel fixéronnos cantar, bailar e desfrutar cunha actuación que pon un fermoso punto case final a este 1° trimestre do curso.

Distribuir contido