O 20N é o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
Raiola como escola quere facer unha mención especial ao dereito que todas as nenas e nenos do mundo teñen a recibir unha formación educativa, coa que medrar persoal e profesionalmente. Nestes días traballaremos na toma de conciencia por parte do noso alumnado de que eles e elas pertencen ás nenas e nenos que non teñen conculcado este DEREITO FUNDAMENTAL.

O mes de novembro vai máis de mediado e en nada o Nadal estará ocupando a nosa mente e o noso corazón. Pero nestes algo máis de dez días que quedan para dar remate ao undécimo mes do ano temos tres grandes datas de reivindicación e celebración que non poden ser esquecidas.
1. O 20N é o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
2. O 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.
3. O 27N é o 4º aniversario do falecemento Xosé Neira Vilas.
Como un precioso agasallo, este ano imos ter unha especialísima sesión de contacontos na voz de Brais, que unirá aos nosos queridos osos do Courel, Exeria e Manolo, e ao Espantallo Amigo. Viva a literatura en vivo!!
O Instituto Galego de Consumo, dentro do seu Programa InfoNadalConsumo, proponnos unha actividade dirixida ao alumnado do 2º Ciclo para este 19 de novembro.
A actividade leva por título “Este Nadal, menos é mais. Por un consumo responsable” e ten como obxectivo propiciar nas nenas e nenos a necesidade de facer peticións razoables de cara ás súas solicitudes de agasallos nas próximas festas do Nadal.
Esta actividade non ten custe e vaise desenvolver en tres sesións, unha para cada un dos grupos.
Con esta proposta de traballo imos dar inicio ao tempo do Nadal.
Somos terra de castañas e durante moito tempo este froito foi un alimento moi importante para as galegas e galegos nos períodos da longa invernía.
O venres 8 de novembro coas nenas e nenos de Raiola celebraremos a festa do Magosto degustando castañas cociñadas de distintas maneiras.
Dende Raiola queremos crear un espazo de intercambio, onde as familias poidades ofrecer (ou solicitar) todo aquelo que xa non utilizades e que pensades que pode ter unha segunda vida.
Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. A nosa homenaxe a esta tradición tan antiga vai a ser unha festa con xogos, bailes e petiscos.
A proposta Petiscos Saudables está a ter moi boa acollida entre os nenos e nenas... ¡A imaxinación non ten límite!