Iniciar sesión: Acceso

Recomendación lectora

Recomendación lectora

O libro dos Porcos

«Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.

25N, PAZ E IGUALDADE

25N, PAZ E IGUALDADE

A Igualdade e a Paz son inseparables, e só en Paz e con Igualdade a violencia contra as mulleres desaparecerá.

Cada día e en todo lugar, o noso esforzo ten que dirixirse na procura dunha convivencia na que estes valores sexan universais.

25N é só un día máis para loitar contra a violencia de xénero.

25N 2021

ESPANTALLO AMIGO

ESPANTALLO AMIGO

EL É A TOLERANCIA

Non hai ninguén mellor que o Espantallo para amizar.

Nós aprendemos del a levarnos ben cos demais porque é un exemplo de tolerancia e convivencia.

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras

No colo de mamá

Para nenos a partir de 4 anos.

A Colección Bilingüe é unha serie de libros que agrupa narracións infantís presentadas en galego e inglés, co fin de familiarizar e reforzar a correspondencia dos dous idiomas.

As historias son divertidas e cada unha ten un valor que rescatar: a imaxinación, o desexo de ser feliz, a perseveranza en conseguir o que arelamos, a aceptación do que somos e o compartir cos nosos amigos.

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras

Unha chea de Familias

Xosé Antonio Neira Cruz

Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar.

Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar é que efectivamente hai unha chea de familias.

En tempos de redefinición da estrutura familiar, coa aparición de novas formas de convivencia, novas formas de parella, novas maneira de ser pai ou nai, os lectores e as lectoras máis novas tamén necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas. Velaquí unha das funcións que vén a cumprir este álbum ilustrado no que unha historia atraente e actual se combina cunha estética desde o punto de vista do tratamento da imaxe que chama poderosamente a atención.

Día dos Dereitos da Infancia

Día dos Dereitos da Infancia

20 novembro

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Unimos as nosas mans no desexo de que todas as nenas e nenos teñan unha infancia feliz.

Queda sitio na vasoira?

Queda sitio na vasoira?

Queda sitio na vasoira?

A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidanet e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia!

TEMOS UN PRECIOSO ESPANTALLO

TEMOS UN PRECIOSO ESPANTALLO

Nuns días, o 27 de novembro, é o sexto aniversario da morte de Xosé Neira Vilas.

Na clase de 6º estamos moi namorados do seu xeneroso Espantallo Amigo e a nosa artista Mari Carmen fixo para nós esta preciosa representación del.

Xosé Neira Vilas merece toda a nosa consideración e o noso amor e aquí estamos co corazón a latexar por el como o fai o pexego que lle dou vida ao noso querido Espantallo.

Visita de importancia

Visita de importancia

Hoxe visitounos Xoán Andrade, ilustrador do método de lectura e escritura Chirlo Merlo.

Tróuxonos materiais cos que seguir aprendendo e fíxonos ademais nun momentiño este debuxo orixinal con algunhas das súas personaxes máis queridas por nós.

Grazas Xoán por colaborar con Alicia e Miguel deseñando uns materiais tan marabillosos como os do UNIVERSO CHIRLO MERLO.

San Martiño

San Martiño

O día de San Martiño (11 de novembro) celébranse Magostos por toda Galiza.

A castaña ten por merecemento unha festa propia.

Este froito permitiu a supervivencia dos nosos antepasados nos invernos durante centos de anos, e por este motivo seguímoslle agradecidos á castaña por traernos fartura e estar tan ricas: cocidas, asadas, en biscoitos,...

Distribuir contido