Hoxe, no día de San Martiño, día no que se celebran os magostos, as nenas e nenos de 5º e 6º curso fomos ver un carballo especial na beira do río Sar.
Os carballos son no noso país bos colegas. Tráennos fartura, sombra, aire limpo, auga ás fontes e aos ríos, fermosas paisaxes, madeira para mil usos,...
Todas estas razóns fan que esteamos na obriga de mirar por eles, para que teñan unha apracible e longa vida.
Feliz San Martiño!!
Vivan as uñas de cores!
Esta é unha historia basada en feitos reais.
A Xoan gustáballe pintarse as uñas e, cando se riron del na escola, seu pai decidiu apoialo e pintalas el tamén.
Esta semana recomendamos o conto LA ESTRELLA DE TOPO.
Unha noite Topo pide o desexo de ter todas as estrelas do ceo. De súpeto, algo máxico acontece e todas aparecen na súa madrigueira. El está feliz pero... e os demáis animais? Que sentirán cando vexan o ceo sen estrelas?
Un pesadelo no meu armario
Quen non tivo medo algunha noite? Ás veces, os pesadelos agóchanse nos armarios e asústannos desde alí.
A meiga chuchona
Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca?
A morte. A miña amiga invisible
Recoñecer e saber expresar emocións e sentimentos é moi importante para o desenvolvemento das nenas e dos nenos entre os dous anos e medio e os oito anos. Arredor dunha historia na que Ana ou Xabier pasan por algunha aventura, recoñeceremos, aprenderemos e poremos en práctica todo tipo de emocións e sentimentos.
O Samaín
A festa das cabazas. Nenos e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas sobre a festa das cabazas ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.
Este curso aniñou un moucho na nosa biblioteca.
Coma os demais mouchos e as súas parentes as coruxas o noso mouchiño ten sempre postos os lentes para ver mellor.
Nós e o bufo, queremos coñecer as historias que están gardadas nos libros, e por iso con el, PASIÑO A PASIÑO, durante o curso imos andar o camiño do saber.
Paso a paso, día a día, achegámonos á primeira gran festa do curso: O SAMAÍN.
Na escola xa rebulen bichos de varios tipos, facéndonos formigar o sangue con ese medo que nos fai desfrutar.
Cabazas, meigas e pantasmas saen dos contos para encher o noso maxín dunha felicidade difícil de describir.
E para rematar de poñernos en situación, está a música, coa que nos contan como o pobo celta despedía o tempo de calor e abundancia cunha festa na que seguro a había.
O magosto
Neste conto que trata sobre o magosto, nenos e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas sobre a festa das castañas ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.