Esta familia de mouchos saben moitas historias. Eles serán os gardiáns dos libros da nosa biblioteca. Xunto a eles imos descubrir novas aventuras e persoaxes ao longo deste curso.
Queredes ler un conto?
No outono apañamos castañas, noces e abelás. Collemos figos, mazás, marmelos, freixoas e as cabazas que non falten.
A nosa ansia recolectora vese calmada nesta estación, na que nos preparamos para o tempo escuro e frío do inverno.
Hoxe non quixo saír o sol, e a raiola que alumeou Raiola foi a nosa emoción. Ver de novo os amigos e as amigas, escoitar o primeiro conto deste curso, cantar as primeiras cancións, ris cas ocurrencias da profe, xogar cos xoguetes que nos esperaban dende xuño,... fixeron que o día non puidera ir mellor.
Foi fenomenal estar de volta na escola.
As pequenas e pequenos de Raiola levan días facendo da escola un fogar no que medrar. Son as nenas e nenos do 2º Ciclo os que dan comezo á aventura de compartir as aulas cos compañeiros e compañeiras para divertirse e aprender.
Confiamos ter un curso no que a saúde nos acompañe e no que desfrutar da ledicia de ter unha boa escoliña á que vir cada mañá.
Feliz curso 2021-2022.