Iniciar sesión: Acceso

PUBLICACIÓN LISTAXES ADMISIÓN

PUBLICACIÓN LISTAXES ADMISIÓN
PUBLICACIÓN LISTAXES ADMISIÓN
PARA O CURSO 2021/2022
1° CICLO (0-3 anos)
As familias interesadas podedes consultar no taboleiro da secretaría as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar.
Ata o 20 de abril estará aberto o prazo para que poidan de formalizar a matrícula.

A primavera chegou

A primavera chegou

CARBALLIÑO MEDRA, MEDRA

CARBALLIÑO MEDRA, MEDRA
As árbores e a auga son dous elementos imprescindibles para a vida no planeta Terra.
O “Día da árbore” non viñemos a escola, polo que aproveitamos o “Día da auga” para plantar un carballo pequerrechiño cheo de gromos que indican que ten ánimo para botar raíces e tirar para arriba.
Plantámolo preto doutro que é o seu irmán maior, pois os dous chegaron a nosa escola dende o mesmo fogar.
Dámoslles as grazas a Alma e Olivia por traernos tan fermosos agasallos e ás dúas e aos seus carballos desexámoslles longa e feliz vida.

Plantando

Plantando

As nenas e nenos de Raiola están comprometidos con repoboar de carballos o monte da escola.

PLAN DE BENESTAR

PLAN DE BENESTAR

O bo tempo anímanos a continuar as clases no exterior.

8 de marzo de 2021

8 de marzo de 2021
Maruxa e Coralia son unha das imaxes icónicas da Compostela actual.
Estas dúas irmás que foron mulleres fermosas cheas de cor e orgullo, viaxan polo mundo enteiro na equipaxe dos visitantes da nosa cidade.
Sabemos que un dos obxectivos que se procura dende os movementos pola IGUALDADE é o de darlle o seu lugar ás moitísimas mulleres perseguidas e silenciadas ao longo da historia.
Entre estas mulleres están Maruxa e Coralia, e por este motivo queremos adicarlles especialmente este 8M.
Os nosos vivas son hoxe para elas, coa intención de que a súa memoria non decaia nunca.
Viva o 8M!
Vivan Maruxa e Coralia!



PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN

Cabaña de vimbios

Cabaña de vimbios
Qué podemos percibir baixo as plantas de vimbio? Olores, luces, cores, contrastes, texturas, o ceo, as nubes,...
Rubén, gran cesteiro artesán, trenzou para Raiola esta marabilla de cabaña viva con diferentes plantas de vimbio.
Coidarémola, regarémola, desfrutarémola....
Mil grazas Rubén.

UN POUCO DE MELODÍA NOS NOSOS PATIOS

UN POUCO DE MELODÍA NOS NOSOS PATIOS
Seguimos a dotar os espazos exteriores de novos elementos, que nos facilitan a experimentación, aprendizaje e o xogo libre. Estes días probamos o METALÓFONO, que nos instalou Miudiño Coop. Galega.
Distribuir contido