Iniciar sesión: Acceso

Rosalía

Rosalía
24F. NACEU ROSALÍA
Hoxe é un día de festa no que celebramos o nacemento de Rosalía.
Na nosa escola a súa figura está presente durante todo o curso. Axúdanos a descubrir a maxia da poesía, o orgullo da nosa milenaria lingua, ou o valioso ideario da igualdade.
Rosalía nun tempo escuro e difícil abreu portas que deixaron entrar luz e aire fresco.
No século XXI a súa obra segue sinalándonos a senda pola que temos que camiñar buscando xustiza e dignidade.

A HORTA DE RAIOLA

A HORTA DE RAIOLA
O inverno está rematando...
Na escola comezamos a traballar a nosa hortiña e seguimos a plantar árbores.

Os nosos patios están vivos

Os nosos patios están vivos
Durante este curso acometemos melloras nos espazos exteriores da escola da man de PATIOS VIVOS MIUDIÑO.
Co seu asesoramento optamos por distribuír distintos elementos, uns fixos e outros móbiles, no patio de area e nas zonas verdes das que dispoñemos.
Estamos seguros de que esta colaboración entre Miudiño Coop. Galega e Raiola dará moitas horas de marabillosos xogos e de experiencias educativas, coma as que nestes días nos permiten recitar versiños de Rosalía mentres nos achegamos ao seu aniversario.

ENTROIDO 2021

ENTROIDO 2021
Que festa tan divertida é o Entroido.
Os nosos deseños son proba de que o vivimos con intensidade.
Viva o Entroido!!

A Paz é o camiño

A Paz é o camiño
A SAÚDE E A PAZ
Para celebrar o Día da Paz cun ánimo irrenunciablemente reivindicativo queremos dirixir a nosa ollada á saúde colectiva.
O sistema público de saúde foi minguando nos últimos tempos, pero aínda ferido, salvou e salva milleiros de vidas.
Que paz poderiamos ter este 30 de xaneiro se non puidesemos ír aos centros de saúde e hospitais públicos?
Cantas persoas morreriamos se tivesemos que afrontar con medios propios os coidados necesarios para superar todo tipo de enfermedades?
A sanidade pública fortalece a paz, e a súa defensa é a nosa obriga. Temos que preservar este dereito para nós e para as nenas e menos que aínda non poden reclamalo.
A saúde como dereito e a paz camiñan xuntas.
30 de xaneiro, Día da Paz.

BONIFICACIÓN 100% 2º FILLOS/AS OU SUCESIVOS

BONIFICACIÓN 100% 2º FILLOS/AS OU SUCESIVOS

 

SUBVENCIÓN FUNCIONAMENTO 2020

BONIFICACIÓN 100% 2º FILLOS/AS OU SUCESIVOS

MATRÍCULA E COTA DE ASISTENCIA.

Orde de 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexirán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o ano 2020 (DOG 6 febreiro de 2020).

Orde de 27 de marzo de 2020 pola que se modifica a Orde de 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexirán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o ano 2020. (DOG 21 de abril de 2020).

Orde de 14 de agosto de 2020 pola que se modifica o procedemento de xustificación e o réxime de reintegro das subvencións concedidas pola Consellería de Política Social na anualidade 2020 a escolas infantís 0-3 e casas neno para o período de suspensión da actividade presencial como consecuencia da evolución da COVID-19.

FUNCIONAMENTO DA ESCOLA

64.596,00 €

BONIFICACIÓN DO 100% DO PREZO CORRESPONDENTE Á ATENCIÓN EDUCATIVA DENDE ABRIL DE 2020 A DECEMBRO 2020

21.866,16 €

GRATUIDADE DE MATRÍCULA PRAZAS CURSO 2020/2021

1.600,00 €

TOTAL:

88.062,16 €

RESERVA DE PRAZA 1º PRIMARIA

RESERVA DE PRAZA 1º PRIMARIA

1.     Reserva de praza no centro de adscripción:  do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

  • Vale para os nenos de 6º de Infantil que rematan o 2º Ciclo de E. Infantil e pasan a 1º de E. Primaria no CEIP Lamas de Abade, o centro adscrito ao CPR Raiola. O formulario (para descargalo pincha aquí) entrégase no centro de orixe, é dicir, Raiola.
2.     Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3.     Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4.     Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5.     Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6.     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7.     Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8.     Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

O Apalpador

O Apalpador
Esta representación de Títeres Cachirulo é desternillante.
Os risos das nenas e nenos resultan impagables neste último día lectivo de 2020.

Rosalía e a súa estrela emociónannos

Rosalía e a súa estrela emociónannos
Dende fai un ano, no ceo loce unha estrela á que lle puxemos nome neste pequeno recuncho do mundo.
A estrela chámase Rosalía de Castro, e coa súa luz axúdanos a recordar a grandeza da nosa poeta.
Viva Rosalía!!!

Patios vivos

Patios vivos

Instaláronse novos elementos de xogo no patio. Temos moitas gañas de desfrutalos... pero toca agardar a que a chuvia nos permita saír.


Distribuir contido