Iniciar sesión: Acceso

Nadal 2020

Nadal 2020

Os peixiños buscaron unha estrela e cando a atoparon bailaron con Ela,...

Xesusiño está nas pallas


Chegou o Apalpador

Chegou o Apalpador
Xa chegaron os Apalpadores aos nosos cadernos.

O Nadal está aquí!!

Nadal 2020

Nadal 2020
Xa é San Andrés e mañá comeza o mes de Nadal.
En Raiola imos afrontar con moita ilusión a actividade educativa neste último mes do ano.
O 2020 foi un período de tempo difícil que quedará na nosa memoria como unha constatación da fraxilidade da vida.
En setembro temíamos que unha nova onda da pandemia volvese a paralizar a actividade escolar. Con ledicia, hoxe, sabemos que ese era un medo infundado.
Con sentidiño e responsabilidade fixemos o noso traballo e agora preparámonos para rematar o trimestre desfrutando do tempo de Nadal.

Simulacro

Simulacro
Hoxe sorprendeunos o ruido da alarma de incendios. A pesar do desconcerto inicial, saímos tranquilos e de forma ordeada. Tratábase dun simulacro!
Despois Paz, especialista en prevención de riscos, explicounos como actuar nunha situación de emerxencia.

XOSÉ NEIRA VILAS ETERNAMENTE VIVO!!

XOSÉ NEIRA VILAS ETERNAMENTE VIVO!!
Hoxe queremos recordar a Xosé Neira Vilas no quinto aniversario da súa morte.
Coas súas obras Espantallo Amigo e o Xardín de Irene comezamos a desfrutar do seu legado que está cheo de amor e humanidade.
Hai un furadiño no noso corazón para este autor do que aprendemos a vivir coa bandeira da xenerosidade ondeando ao vento.
Xosé Neira Vilas eternamente vivo!!

25N DÍA DE REIVINDICACIÓN E DE ESPERANZA

25N DÍA DE REIVINDICACIÓN E DE ESPERANZA
As mulleres que padecen a lacra da VIOLENCIA DE XÉNERO non están soas. Nós somos as e os seus valedores.

MAGOSTO 2020

MAGOSTO 2020
O Magosto é a festa das castañas. Hoxe día de San Martiño é o seu día grande.
Crúas, cocidas, asadas ou cociñadas en guisos e sobremesas, as castañas son fartura.
Pola fame que evitaron noutros tempos e polo deliciosas e sas que son as castañas merecen ter unha festa propia.
Viva o Magosto!!!

CONTOS PARA O OUTONO

CONTOS PARA O OUTONO
O GRÚFALO
No conto do GRÚFALO nós queremos ser o RATO.
Sendo pequeno e astuto o ratiño líbrase de que o papen o raposo, o moucho, a serpe e o papón do Grúfalo.
Na fraga esa tarde de outono o único que ceou a gusto, unha noz ben fermosa, foi o rato listeiro. Parabéns!

O Samaín está moi cerquiña

O Samaín está moi cerquiña

O Espantallo Amigo e Raiola

O Espantallo Amigo e Raiola
Xosé Neira Vilas escribiu unha fermosa noveliña chea de amor e amizade cun espantallo de protagonista.
Cando o outono chega, o Espantallo Amigo ven a Raiola para darnos o seu cariño e animarnos a ser boa xente como é el.
Distribuir contido