Iniciar sesión: Acceso

Proxecto educativo

A nosa metodoloxía

A metodoloxía constitúe o conxunto de normas e de decisións que organizan, de forma global, a acción didáctica do centro. Algunhas delas, e de forma xeral, aparecen recollidas a continuación:
Raiola utiliza o galego como lingua vehicular en todos os ámbitos do seu día a día: na aula, nas comunicacións coas familias, na documentación... Aposta por una defensa do tradicional, do autóctono e da nosa terra, que se ve refrexada en múltiples accións ao longo do curso: na música, nas lecturas, nas actividades,  nos proxectos, nas celebracións...

Respéctanse os tempos de aprendizaxe de cada neno e nena, tanto no referente á consecución de obxectivos na aula, como á evolución psicomotriz de cada un deles. Algúns comezan a camiñar en Raiola, outros pronuncian aquí as súas primeiras palabras, dormen a sesta aqueles nenos e nenas que o precisan e o cueiro retírase cando están preparados/as para elo.

Foméntase una aprendizaxe significativa baseada no xogo, buscando a motivación como motor para descubrir o noso entorno e avanzar pouco a pouco cara metas maiores.

Sempre que sexa posible, trasladaremos as aulas ao exterior, pois a observación, a experimentación, e a manipulación directa do noso privilexiado entorno son a base para sustentar una aprendizaxe de calidade.

Todo isto vai acompañado de numerosas actividades complementarias, que se poden levar a cabo tanto na escola, como con diferenes saídas ao longo do curso escolar: concertos, teatro, monicreques, contacontos, granxa-escola...

A participación das familias é fundamental no noso centro, son só porque así o digan os Estatutos, senón porque a súa colaboración diaria fai que esta escola sexa o que é.

Raiola está aberta a todo tipo de ideas, suxestión, aportacións, colaboracións... As familias, ben sexa facendo obradoiros, suxerindo actividades, acompañándonos nos diferentes eventos... colaboran a construír un espazo familiar ao que os seus fillos e fillas acoden de bo grado e onde se sinten seguros.

As portas de Raiola están sempre abertas. Os pais e nais poden acompañar aos seus fillos/as ata as aulas. O respecto que as familias amosan polo traballo das profesionais, permite manter este costume que pretende evitar crear barreiras entre familias e mestras, entre casa e escola.

Sabemos que todo o referente aos vosos fillos é importante, e agradecemos que nos deixedes formar parte.
Distribuir contido