Iniciar sesión: Acceso

Instalacións

As nosas instalacións...

Os espazos predispoñen a que o contexto educativo sexa máis completo, converténdose así nun terceiro elemento real entre os/as educadores/as e os nenos e nenas. En Raiola os diferentes espazos da escola están adaptados ás necesidades dos cativos segundo as idades.

As aulas son espazos de aprendizaxe, de descubrimento e están adaptadas a cada idade. O centro conta con:

  • 3 aulas para o primeiro ciclo (aula de 1 ano, aula de 2 anos e aula mixta)
  • 3 aulas para o segundo ciclo (aula de 3 anos, aula de 4 anos e aula de 5 anos)

As zonas comúns (biblioteca, sala de descanso, comedor...) son zonas de interacción onde, entre outras cousas, adquirimos normas de convivencia.

Todas estas áreas educativas ocupan 700 m2 construídos nun edificio de dous andares. o andar principal ten catro aulas preparadas para recibir cada curso ao alumnado. Nel, están situadas tamén as zonas de alimentación e descanso, e a biblioteca. No andar inferior sitúanse as outras dúas aulas e un patio cuberto.

Os exteriores da escola son un dos seus sinais de identidade.

A finca na que está sita Raiola ten unha superficie de 8000 m2.

O edificio ocupa 350 deste metros, quedando o resto para o uso do alumando en actividades e xogo ao aire libre.

Todo este espazo distribúese en zonas diferenciadas que supoñen variadas oportunidades de experimentación para o alumnado.

Raiola conta con:

  • Un gran patio de area que ten parte da súa superficie reservada para que as nenas e nenos máis pequenos xoguen con tranquilidade.
  • Unha área de herba e sombra na que desfrutar cando a calor empeza a subir.

  • Unha área de xogo con froiteiras das que destaca a figueira, que é un lugar inesquecible para as nenas e nenos do 2º Ciclo especialmente.

  • Un pequeno bosque autóctono en proceso de formación, que ocupa o espazo do antigo piñeiral, no que volveremos a ter as nosas amigas "as árbores" dándonos todos os seus beneficios.

  • A Eira de Raiola, na que materializamos un proxecto que ten por obxectivo darlle a oportunidade ao alumnado de participar no ciclo da vida das plantas. A Eira está distribuída en recunchos adecuados para o coidado das especies que se decida plantar.

Distribuir contido