Iniciar sesión: Acceso

Música

Himno de Raiola

A historia desta cantiga que é o noso himno comeza hai uns cantos anos cando Edith e Vítor confiaron en Raiola para escolarizar ao seu neno Nuno, e á súa nena Lía.

Os dous, Vítor e Edith, colaboraron con nós de moitas e valiosas maneiras. Axudáronnos na xestión do Centro, fixeron música en directo en incontables ocasións, traballaron pola continuidade da escola cando a situación o requeriu e escribiron unha historia chea de maxia na que se incluía unha cantiga con letra e música orixinais. Esta cantiga coa que se louba a amizade, se conxuran os medos e se enfatiza o valor da nosa lingua é hoxe o himno de Raiola.

Edith e Vítor xenerosamente cedéronnos os dereitos absolutos sobre esta peza musical que emociona a grandes e pequenos, aos da casa e aos convidados que nos visitan e que é sempre un fermoso final para as nosas celebracións.

"Nós somos os raios que baixan do sol" comeza dicindo o noso querido himno e nese "Nós" están Edith, Vítor, Nuno e Lía quencendo sempre o corazón da escola.

Dámoslle as grazas á familia Pazó-Estévez por axudarnos a ser especiais e a todas as familias de Raiola pedímoslles que canten con nós para que se cumpra que "Coa Raiola non hai solpor".

Distribuir contido