Iniciar sesión: Acceso

Entroido

ENTROIDO DE BANDE

Préstannos as orellas e as filloas.

O caldo sábenos a gloria.

As mimosas xa recenden.

Apetécenos troula.

Todo nos di que o Entroido está a piques de chegar.

Este ano a localidade de Bande é a encargada, coa súa visita o día 14, de amosar unha vez máis o fascinantes que son os Entroidos tradicionais galegos.

Xa non queda nada para converternos en troteiros e en troteiras e desfrutar dunha xornada de leria que nos perdure na memoria.

pedímoslle a Lourenzo que sexa amigable e estea con nós este venres 14 á mañá.

 

TROTEIRO

Este curso, a escola infantil Raiola vai a participar na VII Edición da Mostra do Entroido, adicada este ano ao ENTROIDO DE BANDE.

A máscara típica do Concello de Bande é o TROTEIRO. A súa recuperación comezou cunha labor de estudio, saíndo as primeiras máscaras no ano 2000. Deben o seu nome a que antigamente e saíndo de diferentes parroquias trotaban polas aldeas do concello levando o Entroido. Cada aldea tiña unha versión do traxe, colleuse o común a todos eles e fíxose un modelo.
O traxe de home consistía nunha camisa branca adornada con hedra (hoxe empréganse cintas de colores) e unha capa de gancho branca colocada nas costas, chamadas cuadrantes, que eran fundas de coxíns ou almofadas. Un calzón de lenzo branco (cirolas), longo ata máis de media perna con cintas iguais ás da camisa e nos laterais brocados en substitución da hedra que se empregaba antes.
Unhas polainas de coiro e uns zapatos negros, aínda que se baralla a posibilidade de que fosen chancas. Como accesorios o traxe levaba unhas chocas á cintura, un gorro de palla engalanado cun espello á fronte contra o mal de ollo e as bruxas, e postais antigas que os mozos enviaban ás mozas dende a servicio militar. Cun pao os troteiros tentaban levantar as saias das mozas.
O traxe de muller é semellante ó do home pero levaban enaguas brancas con bordados e encaixes, e blusas con volantes nos puños e puntilla no colo. Guantes brancos nas mans e botas negras.


Distribuir contido