Nesta etapa de 0 a 6 anos queremos construír un currículo baseado nas oportunidades. Priorizamos os procesos para adquirir aprendizaxe, sen presionar para chegar rapidamente a resultados visibles e cuantificables. Neste camiño, deseñamos diferentes proxectos que confluentes entre eles, e as distintas actividades, permiten adaptarse a cada grupo de ideas, intereses e gustos persoais, para que cada un vaia construíndo de forma creativa o seu propio camiño de crecemento e desenvolvemento.
O proxecto 7R xurde como punto de partida ou punto de confluencia dos diferentes proxectos que pretende levar a cabo a escola este ano, todos eles centrados na sustentabilidade.











Pódense facer verdadeiras obras de arte con material de refugallo. Para mostra, as nosas decoracións de Samaín:


