Iniciar sesión: Acceso

No Nadal consumo responsable

No Nadal consumo responsable

O Instituto Galego de Consumo, dentro do seu Programa InfoNadalConsumo, proponnos unha actividade dirixida ao alumnado do 2º Ciclo para este 19 de novembro.

A actividade leva por título Este Nadal, menos é mais. Por un consumo responsable” e ten como obxectivo propiciar nas nenas e nenos a necesidade de facer peticións razoables de cara ás súas solicitudes de agasallos nas próximas festas do Nadal.

Esta actividade non ten custe e vaise desenvolver en tres sesións, unha para cada un dos grupos.

Con esta proposta de traballo imos dar inicio ao tempo do Nadal.