
Acaba o ano 2019 e con el remata o primeiro trimestre do curso.
En Raiola pasaron moitas cousas durante estes meses dun outono especialmente chuvioso nos que a escola foi un lugar cálido e resgardado onde medrar.
Nas nosas aulas houbo risos e choros, música e contos, amizade e amor. Tivemos a visita de nais e pais cos que desfrutar moitísimo. Tivemos festas como o Samaín e magosto, e participamos colectivamente en conmemoracións e reivindicacións.
Como remate, neste Nadal quédanos por vivir a actuación de Luís Prego que terá lugar na mañá do venres 20 e que terá como público ao noso pequeno alumnado.
Os maiores podedes participar nos ensaios das panxoliñas do luns e o mércores. E na tarde do día 20, a iso das 16:00 horas estades convidados/as ao FESTIVAL DE NADAL.
O festival porá remate de ouro a un ano que encheu de experiencias educativas a vidas das nenas e nenos de Raiola e das profesoras.
Recordade que os días 24 e 31 de decembro pecharemos e que dende o día 23 de decembro ata o 3 de xaneiro, o horario será de 07:45 a 15:45 horas.