Iniciar sesión: Acceso

Entroido 2020

Entroido 2020

Este curso a escola infantil Raiola vai participar na VII Edición da Mostra do Entroido, adicada este ano ao Entroido de Bande.

A máscara típica deste entroido son Os Troteiros. Visten de branco con sombreiros de palla engalanados con postais e espellos.

O venres 14 de Febreiro terá lugar o desfile. Vestirémonos cos traxes elaborados na escola e os sombreiros creados na casa para recibir á delegación do Entroido de Bande que nos visitará pola mañá en Raiola. Con eles baixaremos ata o colexio CEIP Lamas de Abade para facer o desfile de comparsas.

Animádevos a descubrir as peculiaridades do Entroido de Bande e a desfrutalo con nós.

 

O venres 21 de febreiro "recelebraremos" o Entroido.

Nesta 2ª ocasión, a elección dos disfraces será libre. Esperamos a chegada de princesas, superheroes, bruxas... para pasalo moi ben.

¡¡Por un bo entroido!!