
Parabéns a todas as nais de Raiola no voso día.
Hoxe seguramente non teredes un regalo mercado en secreto nun centro comercial calquera, nin algo feito na escola das vosas fillas ou fillos para facervos rir con profunda ledicia.
Este primeiro domingo de maio, que ha resultar inesquecible, o que teredes a mancheas serán bicos, aloumiños, promesas de amor incondicional, apertas…
Seguramente será un día sen agasallos que gardar na cómoda ou no toucador, porque o amor, a tenrura e a admiración, gárdanse no corazón.
Feliz Día da Nai 2020. Día que vos tocou disfrutar no fogar.