Iniciar sesión: Acceso

17 de Maio, Día das Letras Galegas 2020

17 de Maio, Día das Letras Galegas 2020

Contádelle ás vosas nenas e nenos por que o 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS....
O 17 de maio de 1863 publicouse CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA.
Na conmemoración do centenario desta data, no ano 1963, estableceuse a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que ten como finalidade difundir a obra de autores e autoras que escriben e defenden a lingua e a cultura galega.
As persoas elexidas deben levar dez anos como mínimo finadas.
A Real Academia Galega é a encargada de tomar a decisión cada ano de poñerlle nome á persoa elexida. As candidaturas para recibir tal honra poden chegar dende colectivos culturais e sociais diversos.
A cada autor ou autora seleccionada adicáselle un ano natural no que se difunde a súa obra, e ponse en valor a súa figura.
A primeira homenaxeada foi Rosalía, e este ano a elección recaeu en Ricardo Carvalho Calero.
A situación excepcional que vivimos está a impedir que se poidan realizar os actos previstos na honra de Carvalho Calero. Por este motivo a RAG decidiu que 2021 volva a ser o ano de Carvalho Calero.