Iniciar sesión: Acceso

Nadal 2020

Nadal 2020
Xa é San Andrés e mañá comeza o mes de Nadal.
En Raiola imos afrontar con moita ilusión a actividade educativa neste último mes do ano.
O 2020 foi un período de tempo difícil que quedará na nosa memoria como unha constatación da fraxilidade da vida.
En setembro temíamos que unha nova onda da pandemia volvese a paralizar a actividade escolar. Con ledicia, hoxe, sabemos que ese era un medo infundado.
Con sentidiño e responsabilidade fixemos o noso traballo e agora preparámonos para rematar o trimestre desfrutando do tempo de Nadal.