
1. Reserva de praza no centro de adscripción: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
- Vale para os nenos de 6º de Infantil que rematan o 2º Ciclo de E. Infantil e pasan a 1º de E. Primaria no CEIP Lamas de Abade, o centro adscrito ao CPR Raiola. O formulario (para descargalo pincha aquí) entrégase no centro de orixe, é dicir, Raiola.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.