Iniciar sesión: Acceso

Rosalía

Rosalía
24F. NACEU ROSALÍA
Hoxe é un día de festa no que celebramos o nacemento de Rosalía.
Na nosa escola a súa figura está presente durante todo o curso. Axúdanos a descubrir a maxia da poesía, o orgullo da nosa milenaria lingua, ou o valioso ideario da igualdade.
Rosalía nun tempo escuro e difícil abreu portas que deixaron entrar luz e aire fresco.
No século XXI a súa obra segue sinalándonos a senda pola que temos que camiñar buscando xustiza e dignidade.