Iniciar sesión: Acceso

Os nosos patios están vivos

Os nosos patios están vivos
Durante este curso acometemos melloras nos espazos exteriores da escola da man de PATIOS VIVOS MIUDIÑO.
Co seu asesoramento optamos por distribuír distintos elementos, uns fixos e outros móbiles, no patio de area e nas zonas verdes das que dispoñemos.
Estamos seguros de que esta colaboración entre Miudiño Coop. Galega e Raiola dará moitas horas de marabillosos xogos e de experiencias educativas, coma as que nestes días nos permiten recitar versiños de Rosalía mentres nos achegamos ao seu aniversario.