Iniciar sesión: Acceso

CARBALLIÑO MEDRA, MEDRA

CARBALLIÑO MEDRA, MEDRA
As árbores e a auga son dous elementos imprescindibles para a vida no planeta Terra.
O “Día da árbore” non viñemos a escola, polo que aproveitamos o “Día da auga” para plantar un carballo pequerrechiño cheo de gromos que indican que ten ánimo para botar raíces e tirar para arriba.
Plantámolo preto doutro que é o seu irmán maior, pois os dous chegaron a nosa escola dende o mesmo fogar.
Dámoslles as grazas a Alma e Olivia por traernos tan fermosos agasallos e ás dúas e aos seus carballos desexámoslles longa e feliz vida.