A Escola finánciase por varias vías:
- O primeiro ciclo está subvencionado parcialmente pola Consellería de Política Social, a través da convocatoria anual da subvención de mantemento das escolas Infantís de 0-3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social.
- Coas cotas que aboan os usuarios polos servizos que se lle ofrecen. No primeiro ciclo págase a función da renda per cápita segundo a lexislación das escolas infantís de 0-3 anos de Iniciativa Social.
https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia/escolas-infantis
- O DOG publicado este xoves, 6 de febreiro, contén a orde que regula as bases que rexeran para o ano 2020 o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento de escolas infantís 0-3 anos para entidades coma o Xardín da Infancia Raiola.
ENTRE AS NOVIDADES DESTA CONVOCATORIA: prevé que a partir do 1 de abril bonificarase o 100% do prezo da atención educativa do segundo fillo/a e sucesivos da unidade familiar.
- O segundo ciclo (3-6 anos) é subvencionado en horario escolar lectivo en xornada partida de 10:00 a 13:30 e pola tarde de 15:15 a 16:45.
- A Deputación da Coruña, a través da subvención de investimento a entidades sen fin de lucro.
- Feder Galicia 2014-2020. A través da convocatoria de axudas para o investimento das infraestruturas e equipamento nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes de Entidades de Iniciativa Social.


