
O mes de novembro vai máis de mediado e en nada o Nadal estará ocupando a nosa mente e o noso corazón. Pero nestes algo máis de dez días que quedan para dar remate ao undécimo mes do ano temos tres grandes datas de reivindicación e celebración que non poden ser esquecidas.
1. O 20N é o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
2. O 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.
3. O 27N é o 4º aniversario do falecemento Xosé Neira Vilas.
Como un precioso agasallo, este ano imos ter unha especialísima sesión de contacontos na voz de Brais, que unirá aos nosos queridos osos do Courel, Exeria e Manolo, e ao Espantallo Amigo. Viva a literatura en vivo!!