
Para facer a PAZ non é necesario ser superheroe :
- Fan a PAZ aquelas e aqueles que defenden os dereitos humanos.
- Defenden a PAZ os que e as que loitan polos dereitos económicos, sociais, lingüísticos,... da xente e dos pobos.
- Procuran a PAZ todas e todos os que se opoñen á inxustiza e á barbarie exercida contra as persoas e a Natureza.
- Buscan a PAZ aquelas e aqueles que non se conforman e que non miran para outro lado cando a inxustiza non lles afecta ese día.
No noso cachiño de planeta contamos con moita boa xente de PAZ á que darlle as grazas. Hoxe imos destacar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, do que se cumpren 134 anos do seu nacemento.
GRAZAS DANIEL POLO TEU TRABALLO EN FAVOR DO NOSO POBO, DENUNCIANDO A POBREZA E INXUSTIZA EXTREMA NA QUE VIVÍA.
30 de xaneiro do 2020. Día da PAZ.