
Maruxa e Coralia son unha das imaxes icónicas da Compostela actual.
Estas dúas irmás que foron mulleres fermosas cheas de cor e orgullo, viaxan polo mundo enteiro na equipaxe dos visitantes da nosa cidade.
Sabemos que un dos obxectivos que se procura dende os movementos pola IGUALDADE é o de darlle o seu lugar ás moitísimas mulleres perseguidas e silenciadas ao longo da historia.
Entre estas mulleres están Maruxa e Coralia, e por este motivo queremos adicarlles especialmente este 8M.
Os nosos vivas son hoxe para elas, coa intención de que a súa memoria non decaia nunca.
Viva o 8M!
Vivan Maruxa e Coralia!