
Nestes seis anos dende a morte de Xosé Neira Vilas, a súa obra e o seu recordo seguen vivos en Raiola.
Cada outono, ESPANTALLO AMIGO revive nas nosas aulas, e del saen o tío Ramón, Penexo, Xirimía, o grilo e os merlos para axudarnos a medrar.
Na primavera, será o poemario O XARDÍN DE IRENE, o que nos fará desfrutar duns poemiñas escritos por Xosé para as nenas e os nenos de Galicia.
No futuro, outras das súas obras serán parte da nosa vida de intelixentes lectores e lectoras.
Todo o noso amor para ti, querido Xosé, e moitas grazas pola túa obra e polo teu exemplo de vida.