Iniciar sesión: Acceso

Nadal

O Apalpador

Para o máxico que é o noso

É outono nunha das serras máis fermosas do mundo, a nosa serra do Courel.

O ar arremuíña as follas dos carballos e castiñeiros nun chan polo que case non se escoitan as pisadas dun home. El camiña devagar sentíndose parte dese fermoso entorno que é todo o seu mundo.

Busca anaquiños de madeira que de xeito natural se desprenderon das árbores que o rodean.

Apoiado no seu cataxo para non escorregar, mete no saco que leva con el os tesouros que a Natureza lle ofrece. Co seu traballo converteraos en ilusión e ledicia, dándolles unha nova vida ao que o bosque xa non precisa.

A el gústalle tallar xoguetiños ao lado do lume nas noites que xa empezan a arrefriar. E ten moitos e moitas axudantes, case sempre avós e avoas de hábiles mans, que no territorio galego e compartindo o seu espírito, fan xurdir agasallos dende o máis íntimo da Natureza.

Sabe que comparte oficio con moitos outros seres que habitan outras fragas da zona tépeda do planeta. Tamén sabe que comparte con todos eles a estirpe dos que fan do amor ás criaturas de todas as especies o seu motivo para vivir sendo inmortais.

Nesta tarde de outono o Apalpador móvese e o mundo descansa porque a ilusión dos nenos e nenas colmarase un Nadal máis.

Música

Galiza cántalle ao NENO coas fermosas cantigas que coñecemos como PANXOLIÑAS. As panxoliñas seleccionadas para cantar este ano no día do festival son as que seguen:

Outras cancións que nos acompañan nestas datas son:

Distribuir contido