Iniciar sesión: Acceso

Día da Paz

A SAÚDE E A PAZ

Para celebrar o Día da Paz cun ánimo irrenunciablemente reivindicativo queremos dirixir a nosa ollada á saúde colectiva.
O sistema público de saúde foi minguando nos últimos tempos, pero aínda ferido, salvou e salva milleiros de vidas.
Que paz poderiamos ter este 30 de xaneiro se non puidesemos ír aos centros de saúde e hospitais públicos?
Cantas persoas morreriamos se tivesemos que afrontar con medios propios os coidados necesarios para superar todo tipo de enfermedades?
A sanidade pública fortalece a paz, e a súa defensa é a nosa obriga. Temos que preservar este dereito para nós e para as nenas e menos que aínda non poden reclamalo.
A saúde como dereito e a paz camiñan xuntas.
30 de xaneiro, Día da Paz.

PAZ PARA A XENTE E PARA OS POBOS

Para facer a PAZ non é necesario ser superheroe :

  • Fan a PAZ aquelas e aqueles que defenden os dereitos humanos.
  • Defenden a PAZ os que e as que loitan polos dereitos económicos, sociais, lingüísticos,... da xente e dos pobos.
  • Procuran a PAZ todas e todos os que se opoñen á inxustiza e á barbarie exercida contra as persoas e a Natureza.
  • Buscan a PAZ aquelas e aqueles que non se conforman e que non miran para outro lado cando a inxustiza non lles afecta ese día.

No noso cachiño de planeta contamos con moita boa xente de PAZ á que darlle as grazas. Hoxe imos destacar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, do que se cumpren 134 anos do seu nacemento.

GRAZAS DANIEL POLO TEU TRABALLO EN FAVOR DO NOSO POBO, DENUNCIANDO A POBREZA E INXUSTIZA EXTREMA NA QUE VIVÍA.

30 de xaneiro do 2020. Día da PAZ.


A PAZ É COUSA NOSA

Nestes días pasados en que nos acercamos ao 30, DÍA DA PAZ reflexionamos moito sobre este ben que é imprescindible para a vida digna.
No noso pensamento colocamos con claridade a necesidade de procurar a PAZ de abaixo para arriba, no día a día de cada quen.
Traballar pola PAZ é tarefa que nos compete a todas e todos. A búsqueda da PAZ ten que converterse nunha actitude que nos permita compartir a dor e problemas dos demais, sendo nós unha parte da solución.
Gandhi, Luther King, Rosalía, Mandela, Malala, Castelao, Lorca, Neira Vilas... e moitas e moitos outros despois de irse seguen representando a solución.
Imitémolos.


O lápis máxico de Malala

Dende Raiola queremos renderlle unha homenaxe á activista MALALA YOUSAFZAI. Estes traballos dan fe do respecto que lle temos a esta moza que dende moi nova antepuxo a loita polos dereitos da infancia no seu país á súa propia vida.
Malala é un exemplo do que significa non mirar para outro lado ante os abusos do poder.
Grazas Malala.

Día da Paz

A Paz facémola entre todas e todos.


Distribuir contido