Benqueridos nenos e nenas da Pobra do Caramiñal:

Xa o teño todo case que listo para facervos a visita de tódolos anos . Os meus trasnos axudantes traballan día e noite aquí, no meu obradoiro da fantasía, para facer os vosos soños realidade na noite do 24 de Decembro.

Se fúchedes bos, e non só nestes últimos días, senón durante todo o ano, eu saberei recompensaros. Se non fúchedes bos..... terei que pensalo. Así que seguide esforzándovos para mellorar día a día.

Moitos bicos e unha mega aperta dende o Polo Norte,

Papá Noel