UN PAI, UN NENO E UN LIBRO
ACTIVIDADES DE PRESENTACIÓN
- Observar e comentar as características dun conto
- Tapas. Follas. Formato
- ¿Por onde comezamos?
- Diferenciación texto- ilustración
- O autor. O ilustrador.
- A vista das ilustracións da portada tentar imaxinar de qué tratará o libro. Xa podemos inventar unha historia só con iso... tentalo con vosos fillos, veredes o que tal saben...
- Lectura do título: Facer o mesmo que antes pero agora xa con máis información...
- Lectura do conto. A modo, comentando as ilustracións e parandonos sempre que o neno o requira, contestando as súas preguntas e deixando voar a imaxinación
- Reletura e lembranza. O propio rapaz pode contarnos a historia, ainda que podemoslle axudar... non importa que invente cousas novas que non estean alí escritas... a fin de contas, quén non se fai a súa composición na cabeza cando lemos un libro?
- Inventar outros títulos para o conto. ¿De qué outro modo poderíamolo titular?