Clasificación Natural


Sempre que clasificamos algo o facemos en base a uns criterios que establecemos previamente. Por exemplo, se queremos ordenar os libros do noso cuarto poderémolo facer de formas moi distintas:

  • por tamaños, formas e cores, sería unha clasificación estética;
  • por tipo de obra (novela, ensaio, lírica, etc.), sería unha clasificación temática;
  • por autor e título, sería unha clasificación "nominal".

Os dous últimos casos son clasificacións funcionais xa que nos permitirán atopar doadamente un libro dunha temática concreta, no primeiro caso, ou un libro concreto dun autor, no segundo.

¿Como atoparías un libro na biblioteca pública se estiveran clasificados cun criterio estético?

O naturalistas que se enfrentaron á tarefa de clasificar ós organismos vivo atopáronse co memo problema. Primeiro utilizaron como criterio de agrupamento as características morfolóxicas e anatómicas máis evidentes, como por exemplo as extremidades.

¿Como agruparías os seguintes animais: mosca, xouba, golfiño, gaivota, morcego, bacallao?

Estas clasificacións baséanse en órganos análogos e denomínanse clasificacións artificiais. Os órganos análogos son aqueles que desempeñan a mesma función pero teñen unha estructura e orixe distintas. Por exemplo, as ás dunha mosca e dunha gaivota teñen a mesma función (serven para voar) pero a estructura é moi distinta xa que a súa orixe é tamén moi distinta (as ás da gaivota teñen estructura interna ósea e as da mosca non).

En canto apareceron as teorías evolucionistas, as clasificacións intentaron incorporar criterios de parentesco evolutivo (clasificacións naturais) nos seus criterios de ordenación (filoxenia). Utilizaron para isto os órganos homólogos, aqueles que aínda desempeñando funcións distintas (polo que poden ter unha apariencia moi distinta tamén) teñen unha orixe e estructura semellante. Por exemplo, as ás dun morcego e as aletas dun golfiño teñen unha estructura ósea semellante.

Así xurdiu a clasificación actual de cinco reinos (Whitaker) baseada na clasificación natural e a nomenclatura bionomial de Linneo.

 

Investiga:

Busca información sobre as relacións filoxenéticas (parentesco evolutivo) e fai unha páxina web que explique que é unha árbore filoxenética e na que apareza unha imaxe exemplo dunha destas árbores.