Claves Dicotómicas

 

A identificación ou determinación dunha especie concreta que non coñecemos é o proceso polo que podemos chegar a descubrir o seu nome científico. Isto require que a especie esté clasificada (sistemática) e nomeada (nomenclatura). Polo tanto, non debemos confundir identificación (que é o que facemos nós) con clasificación (que ó o que fan os especialistas zoólogos, botánicos, etc.)

As claves de identificación son un método polo que mediante a elección sobre conxuntos de caracteres contrastados ou contradictorios chegamos ata o nome da especie que queremos identificar.

Hai claves xerais para a identificación de especies de grandes grupos como o reino vexetal (extensas e complexas), ou claves moi particulares para a identificación de especies dun pequeno grupo taxonómico dunha zona concreta, como por exemplo a clave de identificación das coníferas dun determinado parque ou xardín.

As claves máis extendidas son as dicotómicas, é dicir nas que se presentan dous conxuntos de caracteres incompatibles. Por exemplo pétalos amarelos ou pétalos brancos. A elección dunha das dúas alternativas lévanos a outra parella de caracteres ou ben ó nome da especie ou calquera outro taxón.

Existen tamén outras claves analíticas nas que se presentan conxuntos de máis de dous caracteres, xeralmente para seleccionar grandes grupos (policlaves).

Na actualidade tamén existen as claves automáticas que mediante o uso dun programa informático facilita a tarefa de identificación dunha especie tratando de solventar os principais inconvenientes que presentan as claves dicotómicas.

 

 

 


 


Exemplo de utilización.

Supoñamos un parque cunha serie de árbores e queremos identificar un deles. Supoñamos tamén que dispoñemos da seguinte clave dicotómica.

Clave das árbores do Xardín
1

a) Follas caiculares

b) Follas doutra forma

Ir a 2

Ir a 5

2

a) Acículas longas (máis de 5cm)

b) Acículas curtas (menos de 5cm)

Pino

Ir a 3

3

a) Acículas agrupadas en verticilos

b) Acículas non agrupadas

Cedro

Ir a 4

4

a) Sección das acículas aplanada

b) Sección das acículas cuadrangular

Abeto

Picea

5

a) Follas pequenas, escamosas e imbricadas como as tellas dun tellado

b) Follas non escamosas

Ciprés

Ir a 6

6

a) Follas compostas

b) Follas simples

Ir a 7

Ir a 9

7

a) Follas palmeadocompostas

b) Follas pinnadocompostas

Castiñeiro de Indias

Ir a 8

8

a) Froito en legume

b) Froito alado

Acacia

Frixo

9

a) Follas duras

b) Follas brandas

Ir a 10

Ir a 11

10

a) Froito con carapucha

b) Froito vermello do tamaño dun chícharo

Sobreira

Acibro

11

a) Follas con borde dentado

b) Follas con borde lobulado

Ir a 12

Ir a 14

12

a) Follas dúas veces máis longas que anchas

b) Follas menos de dúas veces máis longas que anchas

Sauce

Ir a 13

13

a) Borde inferior asimétrico

b) Borde inferior simétrico

Olmo

Chopo

14

a) Froito alado

b) Froito en bolsas colgantes

Arce sicomoro

Plátano de sombra

¿Cales serían os pasos ate identificar ó Castiñeiro de Indias?

1 b) Follas doutra forma

5 b) Follas non escamosas

6 a) Follas compostas

7 a) Follas palmeadocompostas

 

Experimenta:

Atrapa unha mosca e, utilizando a seguinte clave dicotómica e unha lupa, intenta identificar (non clasificar como pon o autor) a que familia pertenece este insecto da Orde Díptera.