Obxectivos  
Coñecer os pricipais grupos de seres vivos.
Debes navegar pola páxina da clasificación fixándote nas descripcións dos grupos. Os conceptos importantes están enlazados; pincha neles se tes dúbidas.
Ser capaz de incluír un organismo nun grupo polas súas características.
Fai os exercicios que che propoñemos e finalmente fai a proba de autoavaliación.

.

Introdución

Ó longo de toda a historia, os naturalistas trataron de facer unha clasificación dos organismos vivos que permitira a súa sistematización e facilitara o seu estudo. Isto facíase imprescindible pola gran variedade de organismos vivos que habitaban o planeta. Un dos primeiros en facer unha clasificación sistemática foi Carl von Linné (taxonomía) e introduxo a nomenclatura binomial que aínda hoxe utilizamos.

¿Cantas especies cres que se coñecen na actualidade? ¿Haberá especies aínda sen descubrir?

A Taxonomía establece sete grupos de clasificación xerárquicos ou taxóns: Reino, Tipo (División), Clase, Orden, Familia, Xénero e Especie. Nestes taxóns agrúpanse os organismos vivos segundo uns criterios de parentesco (filoxenia) que intentan reflectir a evolución das especies (clasificación natural).

Nun gran hipermercado... ¿atopas rápido o que queres?¿Por que?

O obxectivo último da clasificación é ter unha ordenación dos organismos vivos que se coñecen que facilite o seu estudo e a incorporación de novas especies descubertas (tanto vivas como fósiles ), polo que debe ser universal, e que reflicta o grao de parentesco entre as especies, polo que debe ser unha clasificación natural.

  .
Alberto Abadín Cid . Profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES Aquis Celenis
Visitante nº