A
escrita hebrea lese de dereita a esquerda.
O
alfabeto hebreo provén do semítico. O mesmo ca este non
grafaba as vogais de xeito sistemático; só entre os
séculos VII e IX d.C. se introducirán no uso ordinario
os diversos métodos de indicar as vogais por medio de
signos colocados enriba ou debaixo das consoantes.