As
linguas semíticas, como a fenicia, a árabe ou a hebrea,
escríbense sen vogais. Na nosa lingua isto sería impensable,
pois "pr" representaría palabras como "por", "para", "pera",
"pira", "puro", "pare", "paro", "pero", etc. Nas linguas
semíticas a idea principal da palabra (a raíz) consiste en tres
consoantes, e as vogais non son parte da raíz; cada trío de
consoantes indícalle ó lector/a unha idea única e básica. As
vogais dedúcense do contexto e márcanse na escrita mediante
signos escritos enriba ou debaixo da consoante que precede á
vogal; ademais hai un signo indicativo da ausencia da vogal.
Exemplo árabe:
KTB (katab)
= escribir
KLB (kalb)
= can
WZN (Wazn)
= pesar
KaTaBa = el escribiu
KuTiBa = foi escrito
KuTuB = libros
De
xeito que estas tres palabras pódense escribir KTB,
sen ambigüidades na maioría dos contextos.
