Unha
derivación dos alfabetos semíticos levou ó fenicio; os fenicios
simplificaron o alfabeto e estendérono arredor do ano 1000 a.C.
É así como a escrita alfabética se introduce en Grecia, e dende
alí pasa a todo o mundo occidental.
O
sentido de lectura é de dereita a esquerda.
No
alfabeto fenicio non hai vogais; só se escriben as consoantes,
téndose que sobreentender as vogais.
Os
escribas fenicios tamén introduciron a escrita continua, é
dicir, sen división entre as palabras. Nesa época os hebreos
preservaron a antiga práctica de separar as palabras con puntos
e os arameos puxeron espazos entre as palabras.