

Nun primeiro momento os gregos escribían de dereita a esquerda, pero despois do ano 500 a.C. comezaron a escribir de esquerda a dereita; o seu alfabeto estaba formado por 24 signos ou letras, dos que 17 eran consoantes e sete vogais; ademais tamén contaba con letras maiúsculas (que se usaban para gravar sobre a pedra) e letras minúsculas (para escribir sobre papiro ou táboas de cera).


A nosa cultura débello todo á civilización grega, incluído o seu alfabeto. Coa escrita grega aparece unha das máis ricas literaturas de todos os tempos, tanto en poesía, como en teatro, narración, historia, filosofía... Somos herdeiros desta cultura, pero tamén da súa escrita, pois os caracteres que hoxe utilizamos (o alfabeto latino) tamén ten a súa orixe no alfabeto grego.
Alfa Beta Gamma Delta Epsilon

Dseta Eta Zeta Iota Kappa

Lambda Mu Nu Xi Omicron
Pi Ro Sigma Tau Ipsilon

Fi Hi Psi Omega