O nacemento da escritura: a escritura cuneiforme.

 

      A escrita, como sistema de representación dunha linguaxe, aparece arredor do 3500 a.C. (s.IV a.C.) e vai unida á aparición das primeiras cidades en Sumer, Mesopotamia. Antes de que aparecese a escrita propiamente dita deuse un sistema de representación  pictográfico, no que se usaban debuxos de obxectos para referirse a eses obxectos. Así, por exemplo, o debuxo do disco solar servía para significar o Sol, e dúas frechas enfrontadas significaban a idea de guerra. Este xeito de escribir, rudimentario e simple, coñécese co nome de escrita pictográfica, é dicir, escrita pintada.

Os pictogramas acaban deixando paso ós ideogramas cando aparece a necesidade de denotar cualidades, ideas ou accións que non teñen representación directa (ex: ir, camiñar, etc). Así, por exemplo, o debuxo dun pé, que inicialmente só significa o propio pé, pasa a significar 'camiñar', 'ir','andar','estar de pé',etc. Ademais este sistema permite a combinación de ideogramas para expresar novos significados: se se combina o ideograma "boca" co ideograma "auga" significa 'beber', e se se combina con "pan" significa 'comer'.

 

 

A escrita cuneiforme realizábase sobre táboas de arxila fresca que logo se cocían para que endurasen; os trazos na arxila facíanse cun "cálamo" triangular que debuxaba trazos con forma de cuña, de aí que a esta escrita se lle chame cuneiforme ('en forma de cuña'). As primeiras inscricións foron debuxos simplificados que representaban obxectos ou seres do mundo real; dada a dificultade de trazar liñas curvas co cálamo, os debuxos iniciais enseguida se converteron en liñas rectas, coa conseguinte transformación dos símbolos.

 

 

 

Ideograma BOI. Pártese da representación da cabeza con cornos do boi. O resto das representacións mostran a evolución ó longo do tempo da escritura cuneiforme.

 

Ideograma MULLER. Un triángulo pubiano coa raia da vulva representa a muller.

 

 

Ideograma ESCRAVA. Se se engaden ó triángulo pubiano signos que designan montañas, represéntase a “mulleres estranxeiras” procedentes do outro lado das montañas, é dicir, escravas de sexo feminino.

 
 
      

 

O terceiro paso que se deu en Mesopotamia foi o dunha escrita ideográfica a unha escrita silábica. Agora cada signo non se refire a un obxecto ou idea, senón a unha sílaba da lingua; así, por exemplo, o debuxo do sol non só se utiliza como ideograma de 'sol', senón que pasa tamén a significar a sílaba "sol". Dende este momento, para transcribir calquera palabra que comece pola sílaba "sol" (soldado, soltar, solpor, etc) o primeiro símbolo usado será o ideograma que representa o sol. Isto supón a aparición da escrita fonética, momento a partir do cal a escrita cuneiforme deixa de ser só ideográfica para se semellar á nosa.

 

  3200 AC        3000 AC          2400 AC           1000 AC

 

sag

cabeza
 
 
gin
camiñar
 
 
xu
man
 
 
xe
cereal
 
 
ninda
pan
 
 
a
auga
 
 
ud
día
 
 
muxen
paxaro
 

 

 

Anterior                                                Seguinte