MULLER
HOME
VELLO
VER
CHORAR
DIANTE
BRAZO
DAR
AUGA
BOI
IRA
CAMPO
A escrita exipcia está formada por varios tipos de signos:
'día', 'sol'.
'casa'

/r/, 'boca'
Símbolos silábicos: Un mesmo signo serve para representar dúas ou tres consoantes.
/nh/, 'cesta'
/sb/, 'estrela'
Determinativos: Signos que serven como marcadores para indicar a función
semántica das palabras. Por exemplo, os verbos de
movemento levan o determinativo
e
as palabras que denotan líquidos levan o determinativo
.


O fonograma do trono indica os sons "st"; a rebanda de pan semicircular, outro fonograma, reforza o son "t" e serve para suxerir feminidade. O ovo é un ideograma para ‘muller’ e a figura sentada é o pictograma de ‘deusa’. Polo tanto, os catro símbolos forman o nome da deusa Aset, máis coñecida como Isis.
A andoriña é o ideograma de ‘grande’ e o fonograma do son "wr". O fonograma de boca reforza o "r", mentres que a rebanda de pan connota feminidade e engade o son "t". Este conxunto significa Weret: Gran Dama
O fonograma do cesto pronúnciase "nb" e significa ‘dono’, ‘señor’. A rebanda de pan que hai debaixo engade un "t" e de novo significa feminidade. O ideograma do firmamento significa ‘ceo’ e tamén suxire as consoantes "pt". Estes signos combinados comunican ó lector un dos maiores títulos de Isis, Nebet Pet: Señora do ceo.
Os xeroglíficos poden estar en liñas horizontais ou en columnas. A orientación é decote de dereita a esquerda e de arriba abaixo. O sentido da lectura está indicado pola orientación das cabezas das persoas ou do peteiro das aves (miran sempre cara ó inicio do texto).


Os exipcios escribían cunha pequena cana puntiaguda, mollada nunha especie de tinta, e escribían sobre papiro (talos dun tipo de planta que medra nas ribeiras do Nilo). Tamén deixaron inscricións sobre pedra e en madeira.
En Exipto, como en Mesopotamia, saber ler e escribir era signo de privilexio e poder. Os escribas eran os que coñecían a escrita, e tamén os mestres do ensino. Os nenos entraban na escola ós dez anos, e os máis aplicados continuaban os estudos ata a idade adulta. A arte de escribir adquiríase mediante copias e ditados. Debido á minuciosidade e a paciencia que requirían os debuxos xeroglíficos sobre papiro, co tempo os escribas inventaron unha escrita con moitos menos trazos, chamada "hierática" e máis tarde outra que se chamou “demótica”.
