A escrita existe en Mesoamérica dende tempos moi remotos. Xa dende a época olmeca, s. X aC, aparecen elementos gráficos de formas moi diversas. Sen embargo a expresión escrita acada a súa máxima expresión co pobo maia (entre os séculos IV e XV). Cando os españois iniciaron a conquista destas terras (1518) destruíron tódolos libros maias que atoparon ó seu paso por consideralos feiticerías e maxias contrarias ó dogma católico.
Meses do calendario maia

Días do calendario maia

Os soportes que se utilizaron para esta escritura son do máis variado: pedra e madeira, peles de animais, recipientes de cerámica, tecido, cortizas de árbore, etc. No que respecta ó contido dos textos é moi frecuente a referencia a datas concretas do calendario maia; este calendario constaba de 18 meses de 20 días cada un, máis 5 días complementarios que sumaban os 365 do ano. Os meses e os días representábanse tal e como se indica nos gráficos do lado.
|
|
|
Outra das aportacións xeniais da civilización maia foi o seu sistema de numeración, que era vixesimal e só precisaba de tres símbolos para representar as cifras: o punto, a raia e unha especie de cuncha para o cero.


1: É a data 8 Ahau.
2: É a data 13 Pop.
3: É o glifo para ‘nacemento’. Estes tres glifos indican que o rei naceu o 8 Ahau 13 Pop, equivalente ó 603 da nosa era.
4: É a data 6 Etz'nab.
5: É a data 11 Yax.
6: Indica 7.200 días, é dicir, uns 80 anos.
7: É o glifo para morte. Estes tres glifos indican que o rei tiña 80 anos cando morreu.
8: É o nome do soberano, que significa "Escudo de man".



|
CHAK - Vermello
IK - Negro
K’AN - Amarelo
SAK - Branco
YAX - Verde
|
![]() |