A escritura en China e Xapón.

O texto máis antigo de escrita chinesa data do 1500 a.C. e consiste en inscricións adiviñatorias feitas sobre ósos e cunchas de sapoconcho. Os primeiros signos foron debuxos, pictogramas e combinacións de pictogramas.

 

 

No chinés "de cotío" a lectura faise de esquerda a dereita, pero o chinés culto e a poesía lense de arriba abaixo e de dereita a esquerda.

 

Este idioma é monosilábico (todas as palabras teñen unha única sílaba) e non ten partes da oración (todas as palabras poden ser substantivos, adxectivos ou verbos). Os signos da escrita chinesa non representan fonemas, senón palabras (escritura ideográfica). A escrita chinesa ten a particularidade de non ter cambiado dende fai séculos; mentres que na fala hai moitos dialectos, na escrita non hai cambios. Isto leva a que dous chineses que saiban ler e escribir, aínda que falando non se entendan porque manexan dialectos diferentes, escriben igual, e cando len, traducen ó seu dialecto o que len. É coma para nós o sistema numeral: un galego, un inglés e un árabe ven un número escrito e enténdeno todos igual, pero cando o pronuncian din palabras distintas. O número de caracteres da escrita chinesa é enorme (arredor de 45.000), aínda que decote só se usan entre 7.000 e 8.000 caracteres).

 

 

 

 

 

Un dos aspectos máis salientables da lingua e da escrita chinesas consiste en que un só son pronunciado pode significar, segundo a grafía, moitas cousas; así, o son [shi] pode significar 'saber', 'ser', 'poder', 'mundo', 'quitar', 'pór', 'negocio', 'amar', etc. Cada elemento tense que inscribir nun cadrado perfecto. Componse en xeral dunha clave, que dá o sentido (ou o esencial do sentido) e unha parte fonética, que dá indicacións sobre a pronuncia. Cada carácter tense que caligrafar facendo os trazos que o compoñen nunha orde precisa.
Os tres elementos básicos do sistema de escrita chinés son: pictogramas, ideogramas e fonogramas.
  • Pictogramas:

  • Ideogramas:

   

  • Fonogramas:

 

Os ideogramas simples pódense combinar para dar lugar a novos ideogramas:

--------------------------------------

 

 

 

 

 

 

As pinceladas caligráficas son as unidades das que están construídos os caracteres caligráficos. As figuras seguintes mostran as oito pinceladas básicas e a orde das mesmas á hora de escribir:
 

 

 

 

No que respecta á escrita dos números, o seguinte é un exemplo do sistema de numeración decimal en chinés:

 

 

En Xapón arredor dos séculos III e IV dC. tomouse a escrita chinesa. Sen embargo a lingua xaponesa é totalmente diferente da chinesa, polo que os xaponeses acabaron adaptando a escrita chinesa ás peculiaridades da súa lingua: usaron os ideogramas chineses para representar as palabras invariables e inventaron formas fonéticas para representar o xénero, o número e as preposicións. Creáronse así dous silabarios completos: o hiragana e o katakana, inventados para complementaren os caracteres que entraron dende China.

Hiragana:

Katakana:

 

       

 

 

 

Anterior                                                Seguinte