A revolución do alfabeto

 

Alfabeto é unha palabra de orixe grega formada a partir de alpha e beta, é dicir, o nome das dúas primeiras letras do seu abecedario (do mesmo xeito que a palabra "abecedario" está formada polas tres primeiras letras do noso alfabeto).

 

 

 

Un alfabeto consiste nunha serie de signos escritos, e cada un deles representa un son (ou máis de un) que se combinan para formaren todas as palabras posibles dunha lingua determinada.

 

 

 

Case todos os alfabetos teñen entre vinte e trinta signos, aínda que o rokotas, das illas Salomon, só contén once letras, mentres que o khmer ten nada menos ca setenta e catro letras.
 

 

Anterior                                                Seguinte