En
xeral admítese que o primeiro alfabeto é o semítico setentrional,
aparecido entre o que hoxe é Siria e Palestina entre o ano 1700 a.C. e o
1500 a.C. O alfabeto semítico só tiña 22 consoantes, e os sons das
vogais había que sobreentendelos, pois non había símbolo na escrita para
eles.
Os
alfabetos hebreo, árabe e fenicio teñen esta orixe, e na actualidade
tanto o alfabeto hebreo (con 22 caracteres) coma o árabe (con 28
caracteres) están baseados neste modelo, o que quere dicir que non teñen
símbolos específicos para representaren as vogais, que se indican por
medio de puntos e raias colocados enriba, debaixo ou ó lado da
consoante. A escrita, e tamén a lectura, realízase de dereita a
esquerda.